O Concello de Monforte participou no Plan de Mellora de Camiños Rurais 2024-2025 no que contou cunha axuda da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia, a través do AGADER.
Este crédito está cofinanciado nun 75% polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) da medida 0431 do PDR de Galicia 2024-2020, nun 7,5 % por fondos do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e nun 17,5 % por fondos propios da Xunta de Galicia.
As axudas son as correspondentes ao Plan marco de mellora de camiños municipais de acceso a parcelas agrícolas 2024-2025, publicado no DOG nº 18, do xoves 25 de xaneiro de 2024.
En concreto, o importe da axuda ascende a 75.406,75€, e o Concello de Monforte aportou 18.610,25€, e a maiores os custos de redacción de proxecto e dirección da execución, que ascenderon a 6.223,28€. O importe do proxecto de execución foi de 92.571,05€ e o relativo ó Control de calidade foi de 1.445,95€.
As obras de mellora que se acometeron foron as seguintes:
A mellora de camiños de titularidade municipal en Gándaras, O Sobrado e Distriz-A Vide, cun orzamento de 44.803,96€.
A mellora de camiños de titularidade municipal en A Costa, A Chá e Cinsa, cun orzamento de 47.767,09€.
No relativo ó Control de calidade o orzamento foi 1.445,95€, sendo a subvención de 1.143,00€ e a aportación do Concello de 302,95€.