PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE 2024

Do 1 de xullo ó 30 de setembro o río Cabe será escenario dunha interesante e ao mesmo tempo divertida e refrescante proposta no verán da cidade: PASEOS EN BARCA POLO RÍO CABE.

Os Paseos en Barca polo Río Cabe xa son durante os meses de xullo, agosto e setembro un referente na programación cultural da cidade e grande foco de atracción para a poboación local e para moitas persoas que nos visitan nesta época. Hai diversos aspectos que contribúen a que este evento sexa moi significativo dentro da actividades culturais de verán en Monforte: a súa relevancia na recuperación do río Cabe e o seu contorno como elemento patrimonial de primeira orde en Monforte, o seu papel de acontecemento dinamizador de actividade a carón do río e o fomento que a actividade supón para manter vivo en xeracións de todas as idades o amor pola rica tradición fluvial local en particular e galega en xeral.

Poderanse alugar barcas de paseo no embarcadoiro do Parque dos Condes de luns a domingo cos seguintes horarios:

  • Luns a venres, tardes de 18:00 a 22:00 h
  • Sábado, domingo e festivos, mañás de 11:00 a 14:00 h e tardes de 18:00 a 22:00 h

O prezo por viaxe de media hora é de 3,25€.

Normas de seguridade dos paseos en barca:

  1. A capacidade máxima das barcas será determinada polo encargado do servizo
  2. Os usuarios contarán con chalecos salvavidas se son solicitados
  3. Seguir en todo momento as instrucións do persoal encargado

A actividade Paseos en Barca polo Río Cabe está organizada polo Concello de Monforte de Lemos coa colaboración da Deputación de Lugo -Plan Deputación de Lugo 2024 de Cooperación cos Concellos e o Clube de Piragüismo Quixós.