REDE GALEGA DE TEATROS E AUDITORIOS -MONFORTE DE LEMOS programación primeiro semestre 2025

O Concello de Monforte de Lemos ao igual que en anos anteriores, en 2025 seguirá integrado na Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia /AGADIC-GALESCENA o que leva consigo a realización de actividades vinculadas a dita rede.

No primeiro semestre deste ano teremos a oportunidade de asistir a oito representacións de compañías profesionais, dúas para os máis pequenos e seis para o público adulto. As obras infantís poñeranse en escena nos meses de marzo e de maio mentres que as dirixidas ó público adulto representaranse de xaneiro a abril.

Programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios 1º semestre 2025:

Programación Adultos:
-Ningures Produción coa representación da obra As gardiás o 30 de xaneiro
-De Ste Xeito Produción con Neura o 13 de febreiro
-Culturactiva coa obra As Alumnas o 13 de marzo
-Galeatro Producións Excénicas con Arte sen guión o 27 de marzo
-Berrobambán con Mulleres que viven soas o 10 de abril
-Centro Dramático Galego con Manuela Rey Is In Da House o 15 de Maio

Programación infantil:
- Magín Blanco coa obra A nena e o grilo camiño das cores o 16 de marzo
-Redrum Teatro con Os contos do Lobicán o 11 de maio

As representacións levaranse a cabo no Edificio Multiusos, a infantil ás 18:00 h e as de adulto ás 20:15 h. O prezo da entrada xeral será de cinco euros e de tres euros para estudantes, desempregados e xubilados.