O Concello de Monforte de Lemos dentro das actividades do NADAL 2024, programou o tradicional CONCURSO DE BELÉNS PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE DE LEMOS.
Bases:
1- A Delegación de Cultura do Concello de Monforte de Lemos, convoca un CONCURSO DE BELÉNS PARA CENTROS DE ENSINO DE MONFORTE.
2- Poderán participar todos os centros de ensino monfortinos que o desexen, soamente se permitirá a presentación dun belén por centro.
3- Valorarase a orixinalidade, o traballo e a presentación artística.
4- As solicitudes de inscrición para a participación no certame presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Monforte, sendo o derradeiro día o 13 de decembro ás 14:00 h. Todas aquelas solicitudes presentadas fóra deste prazo serán desestimadas calquera que sexa a causa do seu atraso.
5- O XURADO cualificador do concurso visitará os centros participantes o 16 de decembro e a súa decisión será inapelable. Os premios faranse públicos o 17 de decembro nos medios de comunicación.
O xurado estará composto por:
PRESIDENTE: A Delegada de Cultura ou persoa á que designe.
VOCAIS: Persoas relacionadas coa cultura local.
SECRETARIO: O técnico de Cultura do Concello de Monforte, con voz e sen voto, que certificará o cumprimento das condicións establecidas nas bases do concurso.
O xurado terá liberdade de criterio para establecer as súas cualificacións, sendo os criterios a valorar os seguintes: a montaxe, a elaboración, os materiais utilizados, a orixinalidade o interese etnográfico e calidade do belén.
6- A participación neste concurso supón a total aceptación das bases e a súa interpretación correspóndelle exclusivamente ó Xurado, sendo a súa decisión inapelable.
7- PREMIOS
Haberá un primeiro, un segundo, un terceiro premio e un accésit.
Se o xurado o considera oportuno poderá conceder dous primeiros, dous segundos, dous terceiros premios ou tres accésits, sempre que a suma total dos premios concedidos no concurso non supere os 510 €.
Os premios serán indivisíbeis e poderá quedar deserto algún deles, segundo a decisión do xurado do concurso.
/1º premio de 100 euros /2º premio de 80 euros /3º premio de 50 euros /Accésit 30 euros
Os aboamentos dos premios serán tramitados na forma indicada pola Tesourería do Concello de Monforte de Lemos, a través dunha transferencia bancaria.