15 DE AGOSTO FESTAS PATRONAIS CONCELLO DE MONFORTE 2024

XOVES 15 DE AGOSTO DÍA GRANDE DAS FESTAS PATRONAIS CONCELLO DE MONFORTE 2024

10:00 h LANZAMENTO DE 21 BOMBAS DE PALENQUE
O lanzamento de 21 bombas de palenque anunciará o día grande das Festas Patronais.

10:00 h DÍA DA PATROA
Na praza de Santo Antonio, xunto á Casa do Concello, reuniranse todas as persoas que queiran participar na Homenaxe á Patroa do Val de Lemos, a Virxe de Montserrat. Ás 10:30 h o alcalde e a comitiva institucional acompañados do Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos e do Grupo de Gaitas Gaiteiros de Lemos sairán cara á igrexa de San Vicente do Pino onde se realizará a Ofrenda Floral á Patroa da cidade.

11:00 h MISA E OFRENDA FLORAL Á VIRXE DE MONTSERRAT
Misa na igrexa de San Vicente do Pino na honra á Virxe de Montserrat cantada pola Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos. Á saída actuará o Grupo de Baile Tradicional do Concello de Monforte de Lemos xunto co Grupo de Gaitas Terra De Lemos. O Alcalde, autoridades e asistentes ao acto farán a Ofrenda Floral á Virxe de Montserrat.

DÍA DO GAITEIRO
O Concello de Monforte pretende no Día do Gaiteiro amosar e dignificar a riqueza cultural galega a través das súas diferentes expresións. Cuartetos, quintetos, sextetos e cantos de cego populares amosarán a enorme variedade musical de estilos e instrumentos.

11:00 h ALBORADAS CON GRUPOS DE GAITEIROS
Grupos de gaiteiros sairán dende a praza de España por diferentes rúas da cidade facendo alboradas e rematarán no centro ás 13:00 h.

Participantes:
·REDEGAITA  - Quinteto  Ourense / Barrios e rúas da Pinguela, Carude-Reboredo, Compañía
·LEMAVOS 1 –Quinteto Monforte de Lemos / Barrios e rúas da Malvarón, Florida, Os Chaos, R.Baamonde, Conde,
Avda Galicia
·O CEGO DA VENEIRA  - Cantos de Cego  A Pobra do Brollón / Zona centro cidade
·OS XOGRARES – Sexteto  Monforte de Lemos / Barrios e rúas da Rioseco, Estación, San Pedro
·MERENZAO – Quinteto   Monforte de Lemos / Barrios e rúas de Cobas, Santo Antonio, r. Ourense, r. Chantada
·LEMAVOS 2 –Quinteto Monforte de Lemos / Barrios dos Abeledos, Ramberde, rúas Corredoira e Hortas

13:30 h CONCENTRACIÓN DOS GRUPOS TRADICIONAIS
No centro urbano de Monforte os grupos tradicionais participantes no DÍA DO GAITEIRO divulgarán as súas músicas ata as 15:00 h.
·REDEGAITA -praza de Abastos
·LEMAVOS 1 -praza dos Chaos
·O CEGO DA VENEIRA  -centro cidade
·OS XOGRARES  -praza de España
·MERENZAO -rúa do cardeal
·LEMAVOS 2 -praza D. Goyanes

20:15 h PASACALLE
Dos grupos participantes na Mostra de Danza e Música Tradicional dende o campo da Compañía ata a praza de España.

20:30 h MOSTRA DE DANZA E MÚSICA TRADICIONAL
Na praza de España coa actuación de:
·O CEGO DA VENEIRA DA POBRA DO BROLLÓN
·GRUPO DE GAITAS GAITEIROS DE LEMOS
·ESCOLA DE DANZA DO CONCELLO DE MONFORTE
·ASOCIACIÓN CULTURAL AMIGOS DA PANDEIRETA DE MONFORTE
·AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA LEMAVOS
20:30 h GRUPO DE BATUCADA BATURRUCA
O Grupo Baturruca de Monforte de Lemos amenizará cun pasacalle a tarde desta xornada festiva dende o barrio do Val de Lemos ata o centro da cidade.

23:00 h VERBENA
Na praza da Compañía coa actuación da orquestra ACORDES.

23:30 h BARCAS ENGALANADAS
No malecón do río Cabe farase un percorrido de barcas tradicionais engalanadas. A actividade, a cargo da Club de Piragüismo Quixós, conta coa colaboración da agrupación Os Xograres de Lemos e ten como fin a recuperación e a continuidade desta fermosa tradición local. Ao remate do paseo verase dende o río a tirada de fogos de aire.

00:00 h FOGOS ARTIFICIAIS DE AIRE
Dende o monte de San Vicente sesión de fogos de artificio.

00:30 h  CONCERTO
Na praza da Compañía concerto de ÁLVARO DE LUNA.

02:00 h  VERBENA
Continuación da verbena da orquestra ACORDES na praza da Compañía.