O Concello de Monforte de Lemos e dentro da programación do Nadal 2024-25, programa un ESPECTÁCULO TEATRAL PARA PÚBLICO INFANTIL-FAMILIAR titulado CACHOPO MÁXICO da compañía LILÁ TEATRO, espectáculo que terá lugar na casa da Cultura Poeta Lois Pereiro o venres 3 de xaneiro ás 18:00 h.
Nunha pequena porción de terra enriba dun monte que non se atopa en ningún mapa por ser demasiado pequeno, ademais de estar algo perdido entre brétemas do esquezemento, se pode divisar unha casiña humilde e fermosa que nunca deixa de votar fume pola súa torta chimenea. A lí vive unha familia moi singular ao tempo que bastante plural. Isto quere dicir que noma eles non hai outros. Son a familia Palpatore.
Non se sabe moi ben de onde veñen nin tampouco se sabe a onde queren chegar. Os palpatore son extraordinarios e teñen aspectos moi diferentes entre sí coma todas as familias. tamén c, como todas as familias, gardan grandes segredos.
Ó chegarse o Nadal, a familia Palpatore comeza a ferver. Toca traballar sen descanso duranate todo un mes e non están afeitos a tanto traqueteo. Eles son os mellores coñecedores de toda a maxia que acontece nestas datas de culto e celebración.
O Cachopo Máxico é unha alegre interpretación do Nadal dende a perspectiva dos costumes galegos máis antigos que cuestiona a influencia da modernidade sobre a cultura popular e reivindica os bos saberes ancestrais.
A representación teatral está deseñada para público infantil familiar, con entrada libre e gratuita.