O Concello de Monforte integrado nos Circuitos de Teatro Afeccionado e Profesional da Deputación Provincial de Lugo Vicepresidencia Cultura organiza no salón de actos da Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro unha representación teatral con entrada libre e gratuita para todos os públicos da compañía TEATRO DO MIOLO coa obra "SAÍNDO DO CERCO", a actividade será o mércores 18 de decembro ás 20:30h. O autor e director é Guillermo Cancelo e o seu elenco é Chelo Lamela, André Vázquez e Guillermo Cancelo.
Suso é un novo residente no centro de maiores. Pensa que por estar na última etapa da vida, esta non merece ser vivida. Amalia, unha compañeira de residencia, pode ser a peza que faga dar un xiro aos acontecementos, facendo que Suso atope o sentido da súa vida.