Histórico
Título | Contenido | Fecha de creación | Tipo de contenido |
---|---|---|---|
O Alcalde reunirase con usuarios/as e traballadoras do servizo de axuda a domicilio |
A decisión da Xunta de Galicia de suprimir a subvención para a axuda no fogar básica ou axuda a domicilio a aqueles concellos de menos de 20.000 habitantes, xunto coas negativas consecuencias que esta medida causa, serán os asuntos que o Alcalde expoña ás persoas usuarias deste servizo e ás traballadoras dos servizos sociais municipais e axuda a domicilio.
|
04/07/2012 | Noticias histórico |
O Alcalde levará ó Pleno unha proposta sobre a Rede Transeuropea de Transportes |
O Alcalde rexistrou unha proposta, para ser debatida no próximo pleno, sobre o papel que debe xogar Monforte na Rede Transeuropea de Transporte, coa pretensión de lograr a complicidade da Corporación Municipal unha vez que xa recabou o apoio dos sectores económicos da cidade reunidos no Consello Económico e Social.
|
13/07/2012 | Noticias histórico |
Fixadas as entrevistas do Alcalde cos voceiros parlamentarios |
O Alcalde entrevistarase mañá xoves en Santiago, ás 10:00 da mañá, coa voceira do BNG, Ana Pontón, e ás 12:30 h. co voceiro do PSOE, Abel Losada. O vindeiro martes día 24 de xullo fará o propio co voceiro do PP, Pedro Puy, con quen manterá un encontró ás 13:00 horas.
|
18/07/2012 | Noticias histórico |
O Concello aclara a realidade dos servizos sociais municipais |
A tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, e a concelleira de Benestar Social, Pilar López, ofreceron unha rolda de prensa para aclarar a realidade dos servizos sociais municipais, saíndo ó paso das últimas manifestacións da delegada Territorial da Xunta de Galicia en Lugo a este respecto.
|
20/07/2012 | Noticias histórico |
A redacción do Plan Especial inicia a súa tramitación |
O equipo redactor do “Plan Especial de Protección do Casco Histórico” remitiu ó Concello de Monforte o “Documento de inicio do procedemento de avaliación ambiental estratéxico do Plan Especial de Protección do Casco Histórico”.
|
21/12/2011 | Noticias histórico |
Comerciantes, empresarios e hostaleiros acordan co Concello un sistema de estacionamento gratuíto nas zonas comerciais |
O alcalde propúxolle ós integrantes da Mesa de Servizos de Monforte, na reunión celebrada na Casa do Concello na tarde de hoxe, un sistema gratuíto mediante o cal se regularía o estacionamento de vehículos nas rúas do centro urbano con maior incidencia comercial
|
21/12/2011 | Noticias histórico |
O Centro da Terceira Idade volvera abrir no primeiro semestre do 2012 |
O alcalde, a concellería de benestar social, e o concelleiro de obras, visitaron as obras do Centro da Terceira Idade.
|
23/12/2011 | Noticias histórico |
Só o 5 % da débeda de dubidoso cobro corresponde á xestión do goberno nacionalista |
A concelleira de facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, comparecu ante os medios de comunicación para explicar cuestións relativas á contabilidade municipal e, segundo dixo “desmentir opinións que non responden á realidade”.
|
01/01/2012 | Noticias histórico |
As Casiñas da Compañía acollen unha oficina de emprego e desenvolvemento local |
A concelleira de promoción económica, María Xosé Vega, comunica que dende finais de decembro do 2011 o Concello de Monforte de Lemos conta cun Axente de Emprego e Desenvolvemento Local, que presta os seus servizos nas oficinas situadas nas Casiñas da Compañía.
|
12/01/2012 | Noticias histórico |
O “I Campamento Lúdico Bilingüe de Nadal” obtén unha alta valoración |
Os pais e nais dos rapaces e rapazas que asistiron ó “I Campamento Lúdico Bilingüe de Nadal”, organizado pola concellería de educación do Concello de Monforte para nenos e nenas de entre 4 e 12 anos, valoraron de xeito moi positivo a iniciativa municipal e os contidos do Campamento.
|
14/01/2012 | Noticias histórico |
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »