Pleno Ordinario 25 de abril de 2016

ORDE DO DÍA ------------------- 1. ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 4 DE ABRIL DE 2016. -------------------------- PARTE RESOLUTIVA -------------------------- 2. MODIFICACIÓN DO ANEXO DE INVESTIMENTOS DO ORZAMENTO XERAL DO EXERCICIO 2016 MEDIANTE A MODIFICACIÓN DAS FINALIDADES ÁS QUE SE DESTINA O FINANCIAMENTO DA OPERACIÓN DE ENDEBEDAMENTO PARA INVESTIMENTOS. 3. MODIFICACIÓN DA ORDENANZA MUNICIPAL REGULADORA DA DENOMINACIÓN E ROTULACIÓN DE VÍAS PÚBLICAS E DA NUMERACIÓN DE EDIFICIOS. 4. ADHESIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS AO CONVENIO MARCO DE COLABORACIÓN ENTRE A ADMINISTRACIÓN XERAL DA COMUNIDADE AUTÓNOMA DE GALICIA, A TRAVÉS DA CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE E ORDENACIÓN DO TERRITORIO E A FEDERACIÓN GALEGA DE MUNICIPIOS E PROVINCIAS EN MATERIA DE XESTIÓN DE RESIDUOS DE APARELLOS ELÉCTRICOS E ELECTRÓNICOS. 5. DECLARACIÓN INSTITUCIONAL EN RELACIÓN AO RECENTE ACORDO ENTRE A UE E TURQUÍA SOBRE A EXPULSIÓN COLECTIVA DAS PERSOAS REFUXIADAS EN EUROPA (DECLARACIÓN PROVENIENTE DO FONDO GALEGO DE COOPERACIÓN E SOLIDARIEDADE). 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL SOCIALISTA EN RELACIÓN COA SUPRESIÓN DE 2 PRAZAS DE MÉDICOS DE ATENCIÓN PRIMARIA E OUTRO PERSOAL SANITARIO NO AMBULATORIO DE MONFORTE DE LEMOS. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG MOCIÓN PARA INSTAR AO EQUIPO DE GOBERNO A ELABORAR UNHA ORDENANZA DE VENDA AMBULANTE QUE INCLÚA A FEIRA DO MERCADO GANDEIRO, O MERCADIÑO DO PARQUE DOS CONDES E A PRAZA DE ABASTOS. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA QUE VOLVA A SER DECISIÓN PLENARIA A ORDENANZA REGULADORA PARA A REHABILITACIÓN DE EDIFICIOS E VIVENDAS NA ÁREA DE REHABILITACIÓN (ARI). 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE RESTITUCIÓNS DE CUSTES DE OBRAS DE RENOVACIÓN DA REDE OU INSTALACIÓNS DE ABASTECEMENTO E SANEAMENTO, QUE TEÑAN SIDO INDEBIDAMENTE ASUMIDAS POLO CONCELLO NOS ÚLTIMOS ANOS. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA BUSCAR FÓRMULAS QUE PERMITAN INCREMENTAR O NÚMERO DE PRAZAS DE ESTACIONAMENTO EN PUNTOS DA CIDADE ONDE EXISTE ESPECIAL DEMANDA. 11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE ELIMINACIÓN DE GRAFFITIS, LIMPEZA, PINTADO E ENLUCIDO DA PASARELA DO PARQUE DOS CONDES, REQUIRINDO Á EMPRESA FCC NO QUE SEXA DA SÚA COMPETENCIA. 12. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA SOLICITAR FONDOS Á DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO PARA LEVAR A CABO DIVERSAS ACTUACIÓNS. 13. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG PARA ESIXIRLLE Á EMPRESA QUE LEVOU A CABO A OBRA DE RENOVACIÓN DAS CONDUCIÓNS DE AUGA POTABLE NAS RÚAS IRMÁNS DAPENA, CORREDOIRA E JOSÉ DE GARABANTES A ENTREGA DA OBRA EN PERFECTO ESTADO. 14. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA O CUMPRIMENTO DO CONTRATO DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR, MODALIDADES DEPENDENTES VALORADOS E PRESTACIÓN BÁSICA DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS. ------------------------------------------- PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN ------------------------------------------- 15. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 28.03.2016 a 18.04.2016. 16. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓN DA ALCALDÍA (de 18.04.2016) QUE LEVANTA REPARO DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 17. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: