ORDE DO DÍA: 1.- Aprobación das Actas do Pleno de datas 23 e 29 de Abril de 2013. 2.- Dar conta de Decretos da Alcaldía (do número 217 de 24/04/2013 ata o número 278 de 20/05/2013) 3.- Proposta do BNG sobre o mantemento dos Xulgados de Paz e da gratuidade dos Rexistros Civís. 4.- Proposta do PP sobre o cumprimento por parte da Deputación Provincial da mellora da oferta turística de rutas fluviais. 5.- Proposta do BNG sobre o traslado de competencias da Xunta os Concellos, a reducción de porcentaxes de subvención e o retraso no seu pagamento. 6.- Proposta do PSOE sobre o Polígono do Reboredo. 7.- Proposta do PSOE sobre a limpeza viaria na rúa Juan Montes e as súas travesías. 8.- Proposta do PSOE sobre o mantemento dos Xulgados de Paz e da gratuidade dos Rexistros Civís. 9.- Proposta do BNG sobre o mantemento das liñas ferroviarias que afectan ao Concello de Monforte. 10.- Proposta do PP sobre a retirada de carteis das árbores ornamentais de distintas zonas de Monforte. 11.- Expediente de investigación da titularidade da parcela 13 do polígono 139 e da parcela 62 do polígono 140, na parroquia de Vilamarín. 12.- Aprobación do convenio para o proxecto de obras de acondicionamento do cauce e marxes do río Cabe no tramo: A Compañía-Núcleo de Piñeira. 13.- Aprobación da expropiación para o acondicionamento da canle e marxes do río Cabe no tramo: A Compañía-Núcleo de Piñeira. 14.- Aprobación do convenio de colaboración entre a Confederación Hidrográfica Miño-Sil, a Deputación de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos para a financiación, execución, entrega e formalización da encomenda de xestión para o mantemento e conservación das obras de acondicionamento do cauce e marxes do río Cabe ao seu paso por Monforte de Lemos no tramo: A Compañía-Núcleo de Piñeira. 15.- Rogos e preguntas.