Pleno Ordinario de 26 de outubro de 2015

ORDE DO DÍA: 1.- ACTA ANTERIOR, CORRESPONDENTE Á SESIÓN ORDINARIA DO 28 DE SETEMBRO DE 2015. PARTE RESOLUTIVA 2.- MOCIÓN, INSTADA POLA CIG, SOBRE PROPOSICIÓN DE LEI, POR INICIATIVA LEXISLATIVA POPULAR, DE MEDIDAS PARA GARANTIR A ENERXÍA COMO SERVIZO PÚBLICO E CONTRA A POBREZA ENERXÉTICA. 3.- EXPEDIENTE DE ORDENANZAS DE INGRESOS PARA 2016: ESTABLECEMENTO E MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS FISCAIS. MODIFICACIÓN DE ORDENANZAS REGULADORAS DE PREZOS PÚBLICOS. DERROGACIÓN DE ORDENANZA FISCAL. 4.- BONIFICACIÓN DO 50% DA COTA DO ICIO POR CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO A FAVOR DE PADEL PIBE. 5.- BONIFICACIÓN DO 30% DA COTA DO ICIO POR OBRAS NO CASCO HISTÓRICO A FAVOR DE Dª MONTSERRAT GARCÍA MARTÍNEZ. 6.- BONIFICACIÓN DO 30% DA COTA DO ICIO POR OBRAS NO CASCO HISTÓRICO A FAVOR DE Dª Mª CONCEPCIÓN TRINCADO VÁZQUEZ. 7.- FRACCIONAMENTO DO PRAZO DE REINTEGRO DO SALDO DEBEDOR DA LIQUIDACIÓN DEFINITIVA DA PARTICIPACIÓN EN TRIBUTOS DO ESTADO DO ANO 2013. 8.- ORDENANZA REGULADORA DA INSTALACION DE TERRAZAS, TOLDOS PARASOIS, CELOSÍAS OU BIOMBOS NAS ZONAS DE INTERESE TURÍSTICO DE MONFORTE DE LEMOS. 9.- PROPOSTA DE ALCALDÍA INSTANDO Á XUNTA A QUE ACOMETA AS OBRAS DE REMODELACIÓN NECESARIAS NA ESTACIÓN DE AUTOBUSES DE MONFORTE DE LEMOS E CUMPRA COS COMPROMISOS ASUMIDOS NO SEU DÍA PARA ISO. 10.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE ÓRGANOS E ENTIDADES DE FUNCIONAMENTO ALLEO AO CONCELLO. 11.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A DISTRIBUCIÓN DE ÓRGANOS NOS QUE OS DISTINTOS GRUPOS OSTENTARÁN A REPRESENTACIÓN DA CORPORACIÓN. 12.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP EN RELACIÓN Á EXISTENCIA DE IRREGULARIDADES EN PAGOS E PRÓRROGAS DE CONTRATOS. 13.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA INSTAR Á XUNTA DE GALICIA A FAVORECER A TRANSPARENCIA NAS SUBVENCIÓNS PÚBLICAS COMA OS OBRADOIROS DE EMPREGO. 14.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA RECLAMACIÓN DE ONCÓLOGOS PROPIOS E RADIOTERAPIA EN OURENSE PARA OS PACIENTES DA NOSA ÁREA SANITARIA. 15.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O SANEAMENTO E ENLACE DO PORTO SECO COA N-120. 16.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E IMPERBEALIZACIÓN DO DEPÓSITO DO CORNADO. 17.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE ACTUACIÓNS RELATIVAS AO TRÁFICO E SEGURIDADE. 18.- MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP EN RELACIÓN Á REALIZACIÓN DUN PROGRAMA DE RENOVACIÓN E MELLORA DA ILUMINACIÓN PÚBLICA. PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN 19.- DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 21.09.2015 a 19.10.2015. 20.- INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 23.09 e 09.10.2015) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 21.- DACIÓN DE CONTA DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA DO 3º TRIMESTRE DE 2015 E OUTRA INFORMACIÓN DE COMUNICACIÓN OBRIGATORIA AO MINHAP. 22.- DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO DO 3º TRIMESTRE DE 2015. 23.- DACIÓN DE CONTA DOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO E MOROSIDADE, CORRESPONDENTES AO 3º TRIMESTRE DE 2015. 24.- ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: