ORDE DO DÍA: ------------------- 1. Actas anteriores, correspondentes ás seguintes sesións: ordinaria do 26 de outubro de 2015 e extraordinaria do 23 de novembro de 2015. PARTE RESOLUTIVA: 2. Orzamento xeral de 2016 do Concello de Monforte de Lemos: orzamento da entidade local e do organismo autónomo Instituto Municipal de Drogodependencias, bases de execución, cadro de persoal, teito de gasto, masa salarial do persoal laboral. 3. Representación corporativa en órganos e entidades. 4. Adecuación ao novo mandato corporativo da comisión de deslinde co concello de Sober. Ratificación do decreto da alcaldía do 25 de novembro de 2015. 5. Modificación da ordenanza municipal pola que se crean e modifican ficheiros de datos de carácter persoal do Concello de Monforte de Lemos. 6. Derogación formal da ordenanza reguladora para a rehabilitación de edificios e vivendas na área de rehabilitación (ARI). 7. Catálogo de posto de segunda actividade para inspector da policía local. 8. Modificación do acordo sobre o persoal eventual. Aplicación a este persoal e ás dedicacións corporativas dos incrementos retributivos correspondentes ao emprego público. 9. Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Lugo e o Concello de Monforte de Lemos para a adhesión ao “Portal de Transparencia”. 10. Acordo de modificación da acta de adscrición da aula universitaria da Uned en Monforte de Lemos ao centro asociado da Uned en Lugo. 11. Moción do grupo municipal do PP sobre o incumprimento das obrigas de localización e reparación de fugas na rede de abastecemento, por parte da concesionaria Aqualia. 12. Moción do grupo municipal do PP con motivo do día internacional para a eliminación da violencia de xénero. 13. Moción do grupo municipal de Esperta Monforte para eliminar o uso de glifosato (e similares) como produto para o control de herbas nos lugares públicos. 14. Moción do grupo municipal de Esperta Monforte para a revisión por parte de transparencia internacional do grao de transparencia do Concello de Monforte de Lemos. PARTE DE CONTROL DE XESTIÓN: 15. Dación de conta de resolucións da alcaldía (art. 42.1 do rof). Datas das resolucións das que se dá conta: 19.10.2015 a 30.11.2015. 16. Información específica de resolucións da alcaldía (de 26.10 e 18.11.2015) que levantan reparos de intervención (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 17. Rogos e preguntas.