Pleno Ordinario 30 de maio de 2016

ORDE DO DÍA: ************ 1. ACTAS ANTERIORES, CORRESPONDENTES Á SESIÓN ORDINARIA DO 25 DE ABRIL DE 2016 E Á EXTRAORDINARIA DO 2 DE MAIO DE 2016. **************** PARTE RESOLUTIVA **************** 2. ADHESIÓN DO CONCELLO DE MONFORTE DE LEMOS Á REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA (VINCULADA Á CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA A TRAVÉS DA SECRETARÍA XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA). 3. DETERMINACIÓN DA CANTIDADE GLOBAL ORZAMENTARIA DESTINADA Á ASIGNACIÓN DE GRATIFICACIÓNS AOS FUNCIONARIOS. 4. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE EN DEFENSA DOS DEREITOS DAS PERSOAS REFUXIADAS. DÍA 9 DE MAIO, DÍA DA VERGONZA. 5. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE APERTURA DOS VIALES DO PORTO SECO QUE RESULTEN NECESARIOS PARA DARLLE SAÍDA E POÑER EN SERVIZO O ACCESO ATA A LU-933 6. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE A SUBSTITUCIÓN DA CUBERTA E IMPERMEABILIZACIÓN DO DEPÓSITO DO CORNADO APROBADO EN PLENO DA CORPORACIÓN MUNICIPAL EN OUTUBRO DE 2015. 7. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO BNG SOBRE O ACONDICIONAMENTO DA RÚA PONTE DOS PICOS, ENTRE A NACIONAL 120 E A RÚA DA ESTRELA. 8. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DE ESPERTA MONFORTE PARA SOLICITAR A PRESENZA DE TODOS OS GRUPOS MUNICIPAIS NAS MESAS DE CONTRATACIÓN. 9. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP PARA DEDICAR O BAIXO DO HOTEL COMERCIO A CENTRO DE RECEPCIÓN DE PEREGRINOS, INTERPRETACION E DIVULGACIÓN DO CAMIÑO DE INVERNO, E OUTRAS ACTUACIÓNS RELACIONADAS. 10. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A EMISIÓN DE INFORME DE PREXUÍZOS DERIVADOS DOS INCUMPRIMENTOS DE AQUALIA POR TÓDOLOS CONCEPTOS. 11. MOCIÓN DO GRUPO MUNICIPAL DO PP SOBRE A COLOCACIÓN DUNHA PLACA EN MEMORIA DE MANUEL MARIA NO EXTERIOR DO LOCAL DONDE SE UBICARA A LIBRERÍA XISTRAL. *************************** PARTE DE CONTROL DA XESTIÓN *************************** 12. DACIÓN DE CONTA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (art. 42.1 do ROF). Datas das Resolucións das que se dá conta: 19.04.2016 a 20.05.2016. 13. INFORMACIÓN ESPECÍFICA DE RESOLUCIÓNS DA ALCALDÍA (de 20.04.2016 e 05.05.2016) QUE LEVANTAN REPAROS DE INTERVENCIÓN (art. 218 da Lei Reguladora das Facendas Locais). 14. DACIÓN DE CONTA DA EXECUCIÓN ORZAMENTARIA DO 1º TRIMESTRE DE 2016 E OUTRA INFORMACIÓN DE COMUNICACIÓN OBRIGATORIA AO MINHAP. 15. DACIÓN DE CONTA DO INFORME DE INTERVENCIÓN SOBRE O PERIODO MEDIO DE PAGO DO 1º TRIMESTRE DE 2016. 16. DACIÓN DE CONTA DOS INFORMES DE TESOURERÍA SOBRE CUMPRIMENTO DOS PRAZOS DE PAGO E MOROSIDADE, CORRESPONDENTES AO 1º TRIMESTRE DE 2016. 17. ROGOS E PREGUNTAS.

Archivos Adjuntos: