O importe das facturas pendentes de pago é inferior a 700.000 euros

A concelleira de facenda e primeira tenente de alcalde, Mª Xosé Vega, informa que o Concello remitiu no día de onte ó Ministerio de Hacienda y Administraciones Públicas o listado de facturas pendentes de pago, cumprindo así co recollido no Real Decreto Ley 4/2012, de 24 de febreiro, polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pago ós provedores das entidades locais.

 

A listaxe de facturas pendentes de pago remitidas polo Concello abarcan o período comprendido entre o 1 de xaneiro do ano 2008 e o 31 de decembro do ano 2011.

 

A suma total das citadas facturas ascende a 692.287 euros, incluíndo facturas recoñecidas na contabilidade por valor de 496.949 euros, e facturas fóra de presuposto por un monto de 195.000 euros.

 

O 99 % das facturas recoñecidas pertence ó derradeiro trimestre do pasado exercicio contable, outubro, novembro e decembro do ano 2011.

  

Archivos Adjuntos: