A nova potabilizadora será unha realidade no ano 2014

O Secretario de Estado de Medio Ambiente, Federico Ramos, presentou hoxe en Monforte o inicio das obras de ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable. Neste acto estivo acompañado, entre outras autoridades, polo Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, polo Conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, pola Tenente de Alcalde de Monforte, Mª Xosé Vega, e pola Directora Xeral da sociedade estatal Acuanorte, Isabel Pérez.

 

Co acto de hoxe culmina un largo proceso iniciado hai cinco anos polo Alcalde de Monforte. Severino Rodríguez, preocupado polas limitacións e deterioro da actual potabilizadora, comezou a realizar por aquel entón unha serie de xestións encamiñadas a conseguir que Monforte contase cunha potabilizadora, dotada dos máis modernos sistemas de tratamento, que garantira o subministro de auga de calidade a toda a poboación.

 

Mediante a presentación dunha enmeda por parte do BNG ós orzamentos do Estado do ano 2008, o Alcalde conseguíu que neses presupostos figurase unha partida destinada á construción dunha nova potabilizadora na cidade do Cabe.

 

A partir dese momento, Severino Rodríguez iniciou  os contactos coa Confederación Hidrográfica e a sociedade estatal Acuanorte, contactos que deron paso á celebración de varias reunións nas que se decidiu facer un estudio de alternativas que solucionasen o problema do subministro de auga potable. O documento elaborado plantexaba catro alternativas que foron analizadas ata decidir, de mutuo acordo, elixir a máis idónea para Monforte.

 

O seguinte paso foi a  redacción dun anteproxecto no que se recollían cales eran as obras a realizar, e que tivo un custo de 81.000 euros.

 

Unha vez redactado o anteproxecto, nun prazo aproximado de cinco meses, o mesmo serviu para a redacción do proxecto definitivo. 

 

O custe total da actuación ascendía a 6.180.475 euros, dos cales o goberno do Estado  aportaba algo máis de tres millóns mentres que o resto debería ser achegado polo Concello. Ante a necesidade de lograr financiamento para unha cifra á que o Concello non podía facerlle fronte en solitario, o Alcalde realizaou xestións coa Xunta de Galicia e coa Deputación de Lugo para lograr a necesaria colaboración económica. As xestións do rexedor monfortino deron o seu froito e a Consellería de Medio Ambiente implicouse no proxecto comprometendo a aportación do 40 % do custo do mesmo.

 

Despois dun intenso traballo e numerosas xestións, chegouse a un acordo entre o goberno do Estado, a Xunta de Galicia e o Concello de Monforte. Este acordo recolle a aportación por parte do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente do 50 % do custo das obras (máis de tres millóns de euros), mentres que a Consellería de Medio Ambiente asume o 40 % (2,5 millóns) e o Concello de Monforte o 10 % restante (610.000 euros). 

 

As obras da nova potabilizadora xa se iniciaron e o seu remate esta previsto para o ano 2014. 

 

As actuacións a realizar son, entre outras, as seguintes: 

  • Construción dunha nova ETAP en Ribasaltas: capacidade 230 l/s.
  • Construción dun novo depósito en Ribasaltas: capacidade 3.200 m3.
  • Nova estaciçón de bombeo en Ribasaltas: caudal de 900 m3/h.
  • Nova condución de impulsión entre a ETAP de Ribasaltas e o depósito do Cornado.

 

Severino Rodríguez destaca a colaboración das tres administracións para converter en realidade un proxecto sumamente necesario para Monforte, agradecendo o esforzo económico que realizan para dotar á cidade dunha peza fundamental para o seu futuro desenvolvemento. O Alcalde sinalou que o inicio das obras era una gran noticia hai tempo agardada.