O Concello estuda cobrarlle ás entidades bancarias polos caixeiros

O Concello de Monforte, tal e como están facendo outras entidades municipais galegas e do resto do Estado, estuda a posibilidade de establecer unha taxa polo aproveitamento especial de terreos de dominio público con caixeiros automáticos, instalados na fachada de establecementos bancariose con acceso directo dende a vía pública.

 

Os servizos técnicos e legais municipais traballan na elaboración dunha ordenanza que regule este tipo de aproveitamentos da vía pública, ordenanza que será de aplicación en todo o termo municipal de Monforte.

 

Concellos de todo o Estado e de dimensións similares ó de Monforte, caso de Novelda, Aljaraque, Illescas, ou máis recentemente Ribadavia, xa dispoñen desta taxa municipal ou están en vías de implantala.

  

Archivos Adjuntos: