Hoxe comeza o proceso para que a veciñanza elixa ós seus pedáneos/as

Dende hoxe mércores e ata o sábado día catro de febreiro levarase a cabo o proceso para a elección dos pedáneos/as de tódalas parroquias do Concello.

 

A elección de pedáneos/as por parte dos seus conveciños é algo habitual dende que Severino Rodríguez é alcalde de Monforte. O sistema democrático para elixir ós representantes parroquiais substituíu á práctica habitual ata a chegada á alcaldía de Severino Rodríguez: a designación dos pedáneos/as por parte do rexedor municipal.

 

Tódolos veciños/as que desexen ocupar ese cargo de representación parroquial poderán postularse para o mesmo antes de que se inicien as votacións.

 

Os diferentes procesos electorais realizaranse, agás algunha excepción, nos locais sociais das parroquias en horario de 18:30 ou 19:30 h.

 

Para acortar a duración do proceso electoral, este desenvolverase en catro parroquias cada día, iniciándose hoxe en Chao do Fabeiro e Vilamarín (ás 18:30 h.) e en Ribasaltas e Rozavales (ás 19:30 h.).

 

No documento adxunto pódese ver o calendario onde se detallan os días e horas nos que se celebrarán eleccións nas 27 parroquias do Concello de Monforte.