O alcalde leva ó Pleno dúas propostas de interese social

O alcalde levará á próxima sesión plenaria, que se celebrará o vindeiro luns día 30 de xaneiro, dúas propostas cun amplo carácter social e que responden ás demandas plantexads por dous colectivos cidadáns

 

A primeira delas, da que xa se falou, reclama a construción en Monforte dun centro de continuidade para a mocidade con discapacidade psíquica que remata a súa estancia no Centro de Educación Especial Infanta Helena.

 

A segunda obedece a unha reclamación da asociación AFAMON referida ó incumprimento de horarios por parte do servizo de Transporte Social 065, desaxuste que afecta ós familiares e ós enfermos que o utilizan, tanto na súa vida persoal como na realización de obradoiros para paliar as súas doenzas.

 

Nos documentos adxuntos figuran as dúas propostas da alcaldía. 

Archivos Adjuntos: