Aberto o prazo de inscrición para un curso da UNED

A Aula Universitaria da UNED de Monforte ten aberto o prazo de inscrición para o  curso ¿Como educar a nosa intelixencia emocional?, que se celebrará os días 20 e 27 de abril.

 

En total serán 25 horas lectivas repartidas en dúas sesións de catro horas de duración e dezasete horas de traballo online.

 

O curso ten vinte prazas, sendo necesario un mínimo de dez alumn@s para poder realizalo. O prazo de inscrición remata o día 18 de abril e o prezo da matrícula é de 25 € para alumnado da UNED e de 35 € a matrícula ordinaria.

 

O curso estará dirixido por Ana Pilar Rodríguez.

 

Para máis información deberán dirixirse á Aula Universitaria da UNED, sita na Casa da Cultura de Monforte, teléfono 982-41-62-36.

 

No documento adxunto pode consultar máis información sobre este curso.