O Concello volve recibir un premio polo sistema de recollida de lixo

A candidatura que o concello de Monforte presentou á primeira edición dos Premios de Medio Ambiente convocados por APROEMA, Asociación Profesional de Empresas Medioambientais, obtivo o galardón na categoría “Reduce e Selecciona”. O novo modelo de recollida de lixo e xestión de residuos implantado en Monforte obtén así un novo recoñecemento que ven sumarse á Escoba de Prata lograda este mesmo ano.

 

O obxectivo dos Premios «Medio Ambiente APROEMA 2012» é destacar as accións individuais e/ou colectivas, tanto públicas como privadas, en favor do medio ambiente, coa intención de impulsar a conciencia ambiental e fomentar as actividades na mellora do medio ambiente mediante o recoñecemento público a un labor meritorio realizado nesta materia na Comunidade Autónoma de Galicia.

 

A entrega de premios, á que asistirá o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, será o día 29 de novembro de 2012 ás 19:00 horas no salón de actos da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG), rúa do Vilar, 54, Santiago de Compostela. A entrega dos premios estará a cargo de D. Agustín Hernández Fernández de Rojas, conselleiro en funcións de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

 

Os premios, que contan coa colaboración da consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a Universidade de Santiago de Compostela, a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e a Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA), divídense en cinco categorías, cada unha delas destinada a un colectivo específico:

 

MEDIO AMBIENTE APROEMA: persoas físicas ou xurídicas, entidades públicas ou privadas e concellos de Galicia 

APROEMA REDUCE E SELECCIONA: concellos ou mancomunidades de municipios de Galicia 

MERCA VERDE GALICIA: entidades públicas ou privadas sen ánimo de lucro 

APROEMA RECICLA: empresas que desenvolvan a súa actividade en Galicia 

APROEMA EDUCA: centros de educación primaria, secundaria, universitaria, graos medios e superiores de FP e grupos de estudantes. 

 

Os proxectos presentados proveñen de diferentes sectores e ámbitos de acción, o que supón un interesante reto pola diversidade de actores que quixeron participar nesta primera edición.

 


O xurado dos "Premios Medio Ambiente APROEMA 2012", está integrado por relevantes figuras do entorno medioambiental de Galicia así como por representantes das diferentes entidades que colaboran con esta iniciativa.

 

Aproema é unha asociación empresarial sen ánimo de lucro que desde 1997 propúxose agrupar a todas aquelas empresas relacionadas co sector ambiental en Galicia promovendo unha xestión empresarial comprometida co medio ambiente.

 

Actualmente a asociación está integrada por 53 empresas procedentes das áreas de: agua, solos, ruídos, residuos, enxeñería, atmosfera, laboratorios, xestión ambiental, enerxías renovables, equipamentos e subministros, e conservación da natureza.

 

Aproema constituiuse inicialmente como Asociación Provincial de Empresas Medioambientais de Pontevedra, co propósito de coordinar, defender, asesorar e representar os lexítimos dereitos dos seus asociados, e como un foro de debate aberto en defensa do medio ambiente. Co paso do tempo e debido ó incremento da masa social, en abril do 2001, modificaron os estatutos e pasaron a ter ámbito de actuación en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.

 

 

Archivos Adjuntos: