Este Nadal mercar na Praza de Abastos ten premio

O concello de Monforte de Lemos e os industriais da Praza de Abastos poñen en marcha unha campaña para promocionar as compras de Nadal neste recinto.

 

O Alcalde, a concelleira de Promoción Económica, e a industrial da Praza, Esther Castro, explicaron en que consiste a campaña para fomentar as compras na Praza de Abastos.

 

Severino Rodríguez dixo que esta iniciativa conxunta pretende dinamizar a actividade económica neste mercado tradicional e incrementar a interacción entre os tres espazos da Praza de Abastos, especialmente a interrelación entre os novos mercados e os postos dos praceiros/as.

 

Esther Castro sinalou que os/as praceiros/as poñen en marcha esta iniciativa para animar á xente a mercar nos seus postos, ó tempo que explicaba o valor dos bonos e as datas do sorteo.

 

A campaña comprende dúas facetas: 

Sorteo de 6 bonos de compra para os que se acheguen ó Mercado de Decoración de Nadal. 

Tódalas persoas que realicen compras superiores a 5 € no Mercado de Decoración de Nadalque se celebrará entre o venres e o domingo, recibirán unha papeleta para participar no sorteo de 6 bonos de 50 € para realizar as súas compras de Nadal na Praza de Abastos. Os bonos serán canxeables en calquera dos postos habituais da praza. 

O sorteo realizarase no mercado de decoración de Nadal o Domingo as 20:00 h. 

 

15 bonos de desconto coas compras na Praza de Abastos. 

Pola súa parte os praceiros poñen en marcha un sorteo de 15 bonos de desconto de entre o 5 e o 15 %, no que poderán participar tódalas persoas que merquen nos seus postos ata o día 28 de decembro. Estes bonos serán canxeables a partir do día 1 de xaneiro ás 12:00 h.,  hora na que se celebrará o sorteo na propia praza de abastos.

 

 

 

 

 

Archivos Adjuntos: