O alcalde de Monforte convocou para o vindeiro martes día 23 de abril un pleno extraordinario e urxente no que se someterá a unha cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos municipais do ano 2013.
Severino Rodríguez adoptou esta decisión diante da imperante necesidade de aprobar as contas municipais, co obxecto de non interromper o proceso de tramitación do proxecto de mellora das ribeiras do Cabe entre o parque dos Condes e a parroquia de Piñeira.
Este proxecto, que supón unha inversión de 5.059.000 euros en Monforte, perderíase no caso de que os orzamentos non foran aprobados.
A sesión plenaria iniciarase ás 20:00 horas do próximo martes día 23 de abril.