As autoridades visitan as obras da nova ETAP un ano despois do seu inicio

O Delegado do Goberno en Galicia, Samuel Jesús Juárez, a Directora General de Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), Aránzazu Vallejo, o Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, e o Alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, visitaron esta mañá as obras da nova ETAP de Monforte.

 

O Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente (MAGRAMA), a través da Sociedad Estatal Aguas de las Cuencas de España (Acuaes), está executando as obras “Ampliación e mellora do sistema de tratamento de auga potable de Monforte de Lemos”, cunha inversión que alcanza os 6,1 millones de euros. As obras empezaron hai un ano e o seu remate está previsto para principios do 2014.

 

Á visita de obra tamén asistiron o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo, o Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, Francisco Marín, a Directora Territorial zona 1 de Acuaes, Isabel Pérez-Espinosa, e a Delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias.

 

O obxectivo da actuación é dotar ó Concello de Monforte dun sistema de tratamento de auga potable de calidade, que atenderá a demanda dunha poboación aproximada de 20.000 habitantes, así como a demanda industrial e a do porto seco, cumprindo coas esixencias da normativa comunitaria.

 

A auga tratada na nova ETAP someterase ós seguintes procesos: filtración con tamiz, desareador, oxidación con ozono, decantación lamelar, filtración con area e carbón activo, desinfección final e dosificación de cloro para protección durante o transporte.

 

O sistema de abastecemento proxectado consta dos seguintes elementos:

 

- Mellora da captación actual no azud de Freixo

 

- Condución de aducción (captación de auga) e colector de alivio

 

- Nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP) en Ribasaltas, cun caudal máximo de 230 l/s.

 

- Novo depósito de regulación de auga tratada en Ribasaltas

 

- Estación de bombeo e tubaxe de impulsión de Ribasaltas a Cornado

 

- Camiño de acceso á nova ETAP

 

- Actuacións para a mellora do funcionamento da rede na contorna de San Vicente e Piñeira 

 

O proxecto está financiado nun 50 por cento polo Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente, a través da Sociedad Estatal Acuaes e os Fondos FEDER da Unión Europea; un 40 por cento aportao a Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Monforte de Lemos financia o 10 por cento restante. 

Archivos Adjuntos: