A Asociación Galega para a Bioconstrución organiza as III Xornadas de Bioconstrución centradas nas aplicacións construtivas de terra.
Celebraranse os días 12, 13 e 14 de xuño en Monforte de Lemos.
O lugar para a celebración destas xornadas non é casual, elíxese Monforte de Lemos pola súa longa tradición en construción con terra da bisbarra (tapia especialmente) e pola existencia na zona de importantes depósitos de arxilas aptas para una gran cantidade de aplicacións construtivas.
Inscripción: A asistencia ás xornadas será por rigurosa orde de inscrición. As prazas son limitadas ata esgotar o aforo. Para acceder ao formulario de inscrición utiliza o enlace dispoñible a pé destas liñas.
Calquera dúbida podese consultar en: espigabioconstrucion@gmail.com
Se desexas o programa da actividade podes descargalo no apartado Documentación adicional.