Os alcaldes galegos volverán reunirse en Santiago de Compostela o sábado día 21 de decembro ás doce do mediodía.
A xuntanza celebrarase no mesmo lugar que se desenvolveu a derradeira reunión, en A Nave de Vidán, avenida Mestra Victoria, 44.
A convocatoria desta nova reunión prodúcese despois das dúas negativas do Goberno Galego: a do Presidente da Xunta de Galicia a recibilos, e a do Conselleiro de Medio Ambiente a negociar cos rexedores a suba das taxas de SOGAMA.
A xuntanza, á que están convocados tódolos grupos municipais e alcaldes/as de Galicia, terá a seguinte orde do día:
1.- Accións contra o incremento da taxa de SOGAMA
2.- Alternativas a SOGAMA
Archivos Adjuntos: