A concelleira de Promoción Económica, Mª Xosé Vega, presentou os Mercados do mes de abril e fixo balance do mercado Muller Creativa, celebrado a pasada fin de semana.
Vega Buján destacou que foron 20 as mulleres que participaron no mercado Muller Creativa, todo un record de participación ó que hai que sumar tamén o de asistencia de numeroso público que encheu o recinto desde primeira hora da mañá do sábado. A concelleira falou da presenza de xente de tódalas idades, pero subliñou “sobre todo de moita xente moza que veu atraída pola novidade da oferta”.
A concelleira dixo que se tartou dun mercado orixinal, “orientado a dar visibilidade ó lado creativo cun concepto máis amplo que o da artesanía”.
Segundo comentou, as participantes fixeron un balance moi positivo, pois ás vendas sumáronlle numerosos contactos que están seguras serán de gran axuda para o futuro. Foi interesante para elas coñecerse entre si, contacto do que xurdirán colaboracións que propiciarán a mellora da calidade e o deseño das pezas.
Mercados de Monforte seguirá apostando pola creatividade e prepara xa un novo mercado creativo aberto a homes e mulleres para o próximo mes de maio.
En canto ó mes de abril, Mercados de Monforte quere contribuír a reforzar a promoción da Feira Medieval, motivo polo que o interior da Praza lucirá decoración medieval desde a primeira fin de semana.
Os catro mercados que se celebrarán en abril xirarán arredor da tématica medieval, desde o 1º, dedicado coma sempre ós produtos da Ribeira Sacra, ata o último, dedicado ó calzado, xa que o oficio de zapateiro remóntase en Monforte a esta época.
A segunda fin de semana de abril os veciños e veciñas terán a oportunidade de disfrutar dun singular mercado que trasformará a Praza nun gran obradoiro no que se poderán preparar e asesorar para a Feira Medieval. Desde a información da Feira, ata como vestirse, peitearse, ou decorar a casa ou o negocio.
Durante a fin de semana do 19 e 20 de abril, o mercado e a rúa concentrarán a oferta gastrómica da Feira, xa que aquí se intalarán os postos de alimentación, co afan de recrear os antigos mercado medievais.
O mes finalizará co Salón do Calzado, unha homenaxe a esta tradición tan arraigada en Monforte e para o que se conta coa colaboaración das mellores firmas locais.