Suspensión programada do abastecemento de auga debido ás obras do corredor Sarria – Monforte

A concellería de Servizos Municipais informa que,segundo comunica a Consellería de Medio Ambiente e debido á conexión da nova condución de abastecemento de auga cara á parroquia de Chao do Fabeiro, mañá mércores día 14 de maio suspenderase temporalmente a subministración de auga en varias parroquias.

 

A citada suspensión da subministración de auga prolongarase dende as 9:00 ata as 18:00 horas, agás imprevistos, momento a partir do cal se recuperará progresivamente a normalidade no abastecemento.

 

As parroquias e zonas afectadas, segundo nos indica a empresa Aqualia, son: Chao do Fabeiro, Baamorto, San Xoan e San Xulián de Tor, Fiolleda, Moreda, Seoane e a estrada de Currelos (zona campo da feira).

 

Dende a concellería de Servizos Municipais aconséllase á cidadanía que procuren que ningún grifo quede aberto para evitar posibles perdas innecesarias de auga, así como incidencias nas instalacións interiores, durante o restablecemento do servizo. Durante este periodo de tempo aconséllase non utilizar electrodomésticos como lavadoras ou lavalouzas.

 

Xúntase a esta información a comunicación enviada pola Xunta de Galicia esta mesma mañá.