O Concello de Monforte presenta a programación das festas, así como todas as actividades de verán tanto deportivas como culturais que completan a oferta lúdica estival.
Severino Rodríguez, Alcalde de Monforte, estivo acompañado de Pilar López (concelleira de Cultura), de Sergio Pérez Carballo (autor do cartel das festas), de Aitor Rei (responsable de Boneca Larata que levará a cabo o II Festival Cómico Festivo), de Aser Rodriguez (colaborador da organización do Festival Rock and Lemos) e de Julia López (representantes da compañía GADIS, entidade colaboradora das Festas).
Durante as intervencións, ademais de detallar toda a programación, os representantes municipais salientaron o esforzo municipal para sacar adiante unhas festas e actividades de verán con apenas orzamento económico, e apostando pola participación de moitos colectivos monfortinos que co seu esforzo están a manter e incorporar actividades para todos os públicos e idades como poden ser o Festival de Cine Fantástico de Lemos (FANCINE Lemos), o II Festival do Paradiso, e por suposto as actividades que estarán presentes durante as festas como o II Festival Cómico-Festivo: A Rúa e Vosa e o Rock and Lemos.