Monforte rendiu hoxe unha nova homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor e Fillo Predilecto da nosa cidade.
Ás 13:30 horas descubriuse unha placa na casa onde naceu Lois Pereiro, na rúa Ourense nº 39. Na citada placa figura a súa data de nacemento e un breve poema, destacándose que foi poeta e escritor honrado co Día das Letras Galegas, e que é Fillo Predilecto de Monforte.
Ó acto, emotivo, familiar e sinxelo, asistiron as autoridades municipais, a nai do poeta, o seu irmán (o xornalista José Manuel Pereiro) e o escritor Manuel Rivas.
Xúntase imaxe da placa que se instalou na casa onde naceu o recoñecido poeta monfortino.