O martes día 25 de novembro, Día Internacional para a Eliminación da Violencia de Xénero, celebraraseo acto central de tódalas actividades conmemorativas que dende a concellería de Igualdade se van desenvolver ó longo de toda a semana.
Estas actividades van dirixidas a diversos colectivos: profesionais, público en xeral, e estudantes, incidindo especialmente neste último.
O actoconmemorativoterá lugar ás 12:00 horas na Praza de España e no mesmo procederase á lectura dun manifesto, ó reparto de lazos brancos simbolizando o rexeitamento á violencia de xénero, e á inauguración da mostrados Murais contra a violencia de xénero realizados polo alumnado de 5º de Educación Primaria dos colexios da cidade.
A concellería de Igualdade convida a toda a cidadanía monfortina a que participe neste acto como mostra de repulsa á violencia machista e de solidariedade coas vítimas, e tamén a que se sume ó resto de actividades programadas para esta xornada e dirixidas a toda a cidadanía.
Ese mesmo día 25, ás 12:30 horas, inaugurarase a exposición fotográfica cedida por ACADAR (Asociación de Mulleres con Discapacidade de Galicia) e realizarase unha visita guiada á mesma, mentres que ás 20:00 h, no Salón de Actos da Casa da Cultura celebrarase unha Charla - Coloquio sobre os perigos derivados do mal uso que a mocidade fai das redes sociais e os riscos ós que ás veces se expoñen.
Entre o 22 e o 30 de novembro, un gran Lazo Branco colocado na Torre da Homenaxe será o símbolo visible do rexeitamento á violencia de xénero e de solidariedade coas vítimas.Do día 24 ó día 30, un Libro de Firmas situado na Casa do Concello recollerá as expresións da veciñanza contra a violencia de xénero.
Outra das actividades dirixidas ó público en xeral será o Obradoiro de Acción Poética que terá lugar o sábado 29 de novembro no Centro do Viño, de 10:00 a 13:00 h. Este obradoiro conta con prazas limitadas, polo que as persoas que desexen inscribirse deben facelo no teléfono 674 073 092 ou no enderezo electrónico info@acadar.org
O alumnado dos centros de ensino participará en diversos obradoiros. Os rapaces e rapazas de 5º de primaria están elaborando murais contra a violencia de xénero. Alumnado de secundaria participará en obradoiros sobre a violencia de xénero e o novo contexto dixital, e sobre as redes sociais e as novas formas de relación.
Finalmente, o venres día 28 de novembro, terá lugar na Sala de Reunións do Centro de Saúde de Monforte, unha nova sesión do Encontro de profesionais do ámbito de intervención na violencia de xénero. Neste encontro participarán nunha sesión formativa e celebrarán unha reunión da Mesa de Traballo.
A Mesa de Traballo está composta por profesionais de toda a comarca de Lemos que pertencen ás distintas áreas de intervención, estamos a falar dos ámbitos social, educativo, sanitario, corpos e forzas de seguridade do Estado, administración de xustiza e colexio de avogados de Lugo.
Tódalas reunións da Mesa de Traballo inícianse cunha sesión de formación en materia de violencia de xénero, nesta ocasión tratarase o tema das formas de violencia de xénero a través do uso das novas tecnoloxías.
Ó remate da formación, as persoas representantes de cada ámbito que conforman a Mesa continuarán traballando os puntos marcados na orde do día, coa finalidade última de mellorar a atención integral que precisa a problemática da violencia de xénero.