Subvencións da Xunta para cubertas e fachadas de vivendas

O Concello de Monforte informa sobre diversas axudas da Xunta de Galicia para a rehabilitación de cubertas e fachadas de vivendas.

 

No Diario Oficial de Galicia (DOG) nº 50, do 13 de marzo, a Consellería de Economía e Industria publica subvencións destinadas á rehabilitación con granito das fachadas e á renovación de cubertas de lousa e de tella cerámica.

 

O prazo de presentación de solicitudes abriuse o día 14 de marzo de 2015 e prolongaraseata que se esgoten os fondos económicos. En todo caso, finalizará cumpridos tres meses dende o día seguinte da publicación da orde que regula as citadas subvencións. No suposto de que antes de finalizar o prazo de presentación de soli­citudes se esgote o crédito, esta información será publicada no DOG e na páxina web da conse­llería.

 

A información sobre os requisitos para acceder a estas axudas así como a contía das mesmas figura no DOG nº 50 do 13 de marzo.

 

Para obter máis información, poden dirixirse á Dirección Xeral de Enerxía e Minas (Rda. da Muralla, 70 Baixo 2 - 27071 – Lugo).

 

 Contacto:

Páxina web oficial da consellería: http://economiaeindustria.xunta.es

Teléfono: 981 95 70 92 /  981 95 72 59

Enderezo electrónico: cei.sxai@xunta.es