A Casa da Cultura e a Biblioteca Pública xa levan o nome poeta Lois Pereiro

Este mediodía Monforte rendeu unha sentida homenaxe a Lois Pereiro, poeta, escritor, veciño e Fillo Predilecto da cidade.

 

Celebrouse o acto de nomeamento da Casa da Cultura como CASA DA CULTURA POETA LOIS PEREIRO, e da Biblioteca Pública Municipal como BIBLIOTECA PÚBLICA POETA LOIS PEREIRO.

 

Realizouse o selado de libros de Lois Pereiro co novo selo que leva a súa imaxe, e varios autores/as pertencentes á Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) leron poemas de Lois.

 

Neste acto participaron, entre outros, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, e os/as escritores/as Rosalía Fernández Rial, Manuel Rivas, Xurxo Souto, Antón Lopo, Mario Regueira, Iago Martínez, e Mercedes Queixas. Entre as diferentes lecturas, o músico monfortino Gonzalo Herrero interpretou breves pezas musicais.

 

Os audios que acompañan esta información son os que recollen as intervencións da tenente alcalde, Mª Xosé Vega, da concelleira de Cultura, Pilar López, e do xornalista Xosé Manuel Pereiro, así como a lectura de poemas por parte dos escritores/as da AELG e da veciñanza monfortina.

 

As fotografías corresponden a diversos momentos dos actos celebrados no día de hoxe.

  

Archivos Adjuntos: