A feira de artesanía Artelemos inclúe obradoiros de diferentes productos

O Concello de Monforte recupera nestas festas de Nadal a feira de artesanía local ARTELEMOS. O evento comeza este sábado, 19 de decembro, e terá unha duración de tres días.

 

Está previsto que participen de 12 artesáns, todos eles rexistrados en obradoiros de Artesanía de Galicia. A  metade deles son da Comarca de Lemos e o resto proceden de diferentes puntos da xeografía galega. Os que se acheguen esta fin de semana á mostra terán a oportunidade de ver productos artesanais, dende orfebrería e cestería ata textil, lá e mesmo escultura, olería de Gundivós e de Buño.

Os visitantes tamén van poder participar en diferentes obradoiros de tal xeito que será posible aprender a facer unha pulseira, unha cesta ou mesmo un mosaico. Con esta finalidade, está previsto que cada un dos días haxa unha demostración dos artesáns e un obradoiro diferente para que os nenos e os seus pais que poidan practicar.

 

Os obradoiros realizaranse polas tardes as 17:00 e as demostracións dos artesán poderanse ver a diferentes horas ao longo do día.

 

O primeiro día, 19 de decembro, haberá unha xuntanza de palilleiras da Ribeira Sacra e de zonas limítrofes que participarán deste evento coa correspondente exposición de encaixes e dos seus traballos.

E para rematar o último día o luns 21, Papá Noel visitará a mostra e recollerá as cartas dos máis cativos a partir das 18 horas.

 

Horario de Artelemos: 11:00 a 14:00 e 16:30 a 21:00.

Localización: Recinto expositor Praza de Abastos de Monforte

 

A feira de artesanía local ARTELEMOS posta en marcha polo concello de Monforte conta coa colaboración do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, a consellería de Economía e Industria da Xunta de Galicia e tamén con Artesanía de Galicia.