David Bustamante, Celtas Cortos, Juan Perro e Rosa Cedrón actuarán nas Festas Patronais 2017

David Bustamante, Celtas Cortos, Juan Perro e Rosa Cedrón actuarán nas Festas Patronais 2017 de Monforte. Anunciouno o Alcalde, José Tomé, acompañado da concelleira de Cultura, Marina Doutón. O rexedor destacou que “con este cartel a nosa pretensión é animar ós monfortinos a saír das súas casas e ir gozar ó recinto da festa. Por outra parte, tamén queremos que o programa sexa do agrado da xente que nos visita”.

 

José Tomé sinalou tamén que “se queremos continuar sendo o referente da comarca, temos que intentar ser atractivos para que os veciños dos concellos limítrofes tamén veñan ás festas de Monforte; incluso dende as cidades de Lugo e Ourense”. O mandatario local asegurou que un ano máis enfocamos as festas como un investimento, xa que o aumento do número de visitantes en Monforte repercutirá de xeito positivo no comercio e na hostalería”.

 

O Alcalde apuntou que o custe do apartado musical das Festas Patronais deste ano será de 165.500 euros, a mesma cantidade que se gastou o pasado ano.

 

Detalles do programa

 

A primeira das actuacións será a do Mago Rafa, prevista para o 10 de agosto na Praza de España. Actuará a partir das 22:30 horas. É un ilusionista de Lugo que leva máis de 15 anos no mundo da maxia.

 

Trala lectura do pregón, prevista para o venres 11 de agosto, actuará Rosa Cedrón. A artista monfortina levará o seu espectáculo á Praza de España, que comezará ás 22:30 horas.

 

Sábado, 12 de agosto

 

Orquestra LOS PLAYER’S

Concerto gratuíto de David Bustamante, que comezará á medianoite

 

Domingo, 13 de agosto

 

Orquestra LA FÓRMULA

Orquestra SUAVECITO

 

Luns, 14 de agosto

 

Grupo CANELA

GIN TONI´S

 

Martes, 15 de agosto

 

Grupo LIMÓN

Concerto gratuíto de Juan Perro, que comezará ás 00:30 horas

 

Mércores, 16 de agosto

 

Orquestra SAUDADE

Concerto gratuíto de Celtas Cortos, que comezará ás 00:30 horas