O Concello volve alimentar ós patos, ocas e cisnes do río Cabe

Despois de oito anos, o Concello de Monforte volve dar de comer ás aves que poboan o río Cabe no seu treito urbano entre o Malecón, a presa e a lagoa do Parque dos Condes.

 

Concretamente, no ano 2009 deixárase de subministrar alimentación á fauna do río; trátase dunha actuación que recupera este goberno local e que, ademais, xa se realizaba cando o actual Alcalde era concelleiro de Medio Ambiente entre os anos 2003 e 2007. Esta tarefa pon de manifesto a sensibilidade con este tipo de animais que fan disfrutar ós monfortinos e á xente que nos visita. O rexedor, José Tomé Roca, sinala que “o que pretendemos é que as aves estean ben alimentadas e contribuír tamén o benestar animal”.

 

O persoal da brigada municipal de parques e xardíns é o que se encarga de alimentar ós patos, ocas e cisnes. É unha tarefa que realizan a primeira hora da mañá cando comezan a súa xornada laboral.

 

O alimento que se subministra consiste en repartir maíz triturado e grao enteiro en dúas ubicacións; unha delas no Malecón, nas proximidades na Ponte Vella, e outra na lagoa do Parque dos Condes.

 

A cantidade de alimento que se reparte é de 10 quilos diarios, aproximadamente 5 en cada un dos puntos.  O que supón máis de 3.600 quilos ó ano e un custe estimado de 1.500 euros.