O Concello realiza melloras na Casa da Cultura

O Concello de Monforte acaba de realizar obras na Casa da Cultura. En concreto, os traballos consistiron na mellora da accesibilidade na entrada ó edificio dende a Praza de España. Para iso, colocouse un tramo de pavimento de granito en forma de rampa, cunha pendente do 10%. Anteriormente existía unha excesiva inclinación: do 25 por cento, o que dificultaba o acceso ó edificio.

 

Por outra parte, a actuación incluíu unha mellora do acceso ós aseos. O que se fixo foi colocar outra rampa e eliminar as escaleiras, así como instalar unha varanda. Ademais, habilitouse un baño para persoas minuválidas.

 

Cómpre sinalar que se instalaron novas pezas sanitarias así como novas portas. Tamén se colocaron accesorios nos aseos e espellos.

 

Esta obra supuxo un investimento de preto de 25.000 euros.