O percorrido alternativo da Cabalgata de Reis discorrerá polas rúas Coruña, Doutor Casares e Pontevedra

Tal e como anunciara o Alcalde tralo derrubamento dun edificio na rúa Calvo Sotelo, o percorrido da Cabalgata de Reis vaise modificar para evitar calquera posible risco para os nenos e os seus familiares.

 

José Tomé explica que “logo de manter esta mañá unha reunión co técnico municipal de Cultura e co Xefe da Policía Local, decidimos que a cabalgata de Reis, logo de saír dende a Praza da Estación, se dirixa cara a rúa Coruña. Posteriormente, continuará o seu percorrido por Doutor Casares e circulará ata o cruce coa rúa Pontevedra.  Unha vez alí, a cabalgata xirará e irá por dita rúa, a Pontevedra, ata chegar a Calvo Sotelo. A partir de ahí, continuará polo seu recorrido habitual”.

 

O Alcalde engade que “durante a tarde do vindeiro venres, 5 de xaneiro, vaise congregar un elevado número de veciños e de visitantes na cidade do Cabe. Por iso, tralo suceso que se produciu na madrugada do 31 de decembro, decidimos alterar o habitual percorrido da Cabalgata para contar coa máxima seguridade, xa que a rúa Calvo Sotelo vai permanecer pechada ó tráfico durante uns días”.

 

Por outra parte, o mandatario local indica que, en caso de que chova moito, o Concello ten previsto un servizo de autobuses só para os nenos e nenas, e así poder trasladalos dende a Estación ata o Concello.