O Alcalde reúnese co Director Xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de INDITEX

O Alcalde mantivo esta mañá unha reunión de traballo co Director Xeral de Comunicación e Relacións Institucionais de INDITEX, Jesús Echevarría, na súa sede de Arteixo (A Coruña).

 

José Tomé explicoulle ó directivo cales son as potencialidades que pode ofrecer a cidade do Cabe para desenvolver aquí proxectos industriais: "falamos da Ribeira Sacra así como das comunicacións por estrada e por ferrocarril", indica o rexedor. 

 

O mandatario local, que tivo ocasión de coñecer en detalle o funcionamento das instalacións de INDITEX no polígono industrial de Sabón, comprometeuse con Jesús Echevarría a facilitarlle documentación do Porto Seco: "para que, deste xeito, a empersa textil analice, con maior profundidade, se a plataforma loxística encaixa na súa liña de negocio".

 

Esta xuntanza entre José Tomé e o directivo de INDITEX forma parte dunha rolda de contactos que o mandatario local vén realizando con responsables de diferentes empresas.