O programa da XVI Feira Medieval de Monforte, que se vai celebrar os días 31 de marzo e 1 de abril, inclúe un ano máis, a celebración do concurso de decoración de balcóns, de establecementos comerciais e hostaleiros así como de traxes medievais.
As persoas interesadas en participar nestes concursos terán que inscribirse previamente no Rexistro Xeral do Concello. O prazo para facelo comeza o 9 de marzo e estará aberto ata o 26 do mesmo mes.
IV Concurso de decoración de balcóns
O Concello premiará os tres mellores balcóns que, pola súa ambientación medieval, merezan a consideración do xurado. O primeiro premio será de 100 euros, o segundo de 75 e o terceiro de 50 euros.
O obxectivo é animar ós monfortinos a participar no desenvolvementos dos actos organizados co gallo da Feira Medieval. Á hora de decidir os gañadores, o xurado vai valorar a idea, os materiais empregados e a estética, entre outros aspectos.
V Concurso de decoración de establecementos comerciais e hostaleiros
Neste caso, tamén se van premiar os tres establecementos que mellor ambientados estean no medievo. O primeiro premio será de 200 euros, o segundo de 100 e o terceiro de 75 euros.
VII Concurso de traxes medievais
O obxectivo deste concurso é premiar os mellores traxes medievais que luzan os participantes inscritos. Haberá dúas modalidades:
Adultos
· Individual
· Parellas
· Grupos (a partir de 5 compoñentes)
Infantil (ata 12 anos)
- Individual
- Parellas
- Grupos (a partir de 5 compoñentes)
No caso do concurso de traxes, a contía dos premios oscila dente os 25 euros ata os 275.
Por outra parte, cómpre destacar que aínda está aberto o prazo para solicitar a participación na XVI Feira Medieval. O prazo para facelo remata o vindeiro 19 de febreiro.
A lista de admitidos vaise facer pública o 5 de marzo, xunto coas indicacións para facer efectivo o prezo da inscrición.
A XVI Feira Medieval admitie tres modalidades de postos: alimentación, artesanía e comercio. Terán prioridade as solicitudes de vendedores/as de Monforte, así como aqueles postos de artesanía con carta de artesán/á.
As persoas interesadas en participar deben dirixirse á oficina da Axente de Emprego e Desenvolvemento local situada nas Casiñas da Compañía (982 884 775 - 698 181 551).