O Concello inviste máis de 130.000 euros na mellora de 31 pistas

O Alcalde anunciou un novo proxecto de obras que ten como obxectivo mellorar as comunicacións viarias da contorna rural: “imos asfaltar outras 31 pistas, unha actuación da que se van beneficiar 12 parroquias monfortinas. O custe desta actuación ascende a algo máis de 135.000 euros e suporá a mellora de 12 quilómetros”, explicou Jose Tomé.

 

O mandatario local destacou a importancia do novo proxecto, xa que “con estas obras superamos xa o medio de cento de camiños e pistas rurais melloradas dende a miña chegada á Alcaldía”. José Tomé engadiu que “o noso compromiso vai aínda máis alá, posto que a intención é superar o cento de vías rurais arranxadas en canto finalice este mandato; un feito que supón o maior esforzo que se ten feito por parte do Concello nun prazo de tan só 4 anos”.

 

As parroquias as que está previsto actuar son as seguintes:

 

•   A Penela

•   Reigada

•   As Fontes

•   Distriz

•   Piñeira

•   Marcelle

•   A Parte

•   Santa Mariña

•   Caneda

•   Ribasaltas

•   Seoane

•   Chao do Fabeiro

•   e periferia de Monforte

 

As obras de mellora comezaron xa nalgúns dos camiños, polo que a previsión é que os traballos estean rematados ó longo do vindeiro mes de maio.

 

José Tomé fixo fincapé en que “con este novo proxecto queda demostrado que este Equipo de Goberno ten moi presentes as necesidades tanto da xente que reside nos barrios, como nas parroquias monfortinas”.