Consulta tódolos detalles do PROGRAMA DE FESTAS PATRONAIS 2018

31 de xullo de 2018. O Alcalde, José Tomé, e a concelleira de Cultura, Marina Doutón, presentaron o programa completo das Festas Patronais 2018, que se van celebrar do 11 ó 16 de agosto.  “Incluímos un amplo abano de actividades que, en conxunto, conforman un verdadeiro programa cultural, co obxectivo de ofrecer actividades moi variadas e  satisfacer o interese de todos os públicos”, apuntou o rexedor.

O mandatario local destacou que “un dos meus obxectivos era recuperar o prestixio das Festas Patronais, para volver ser o referente da Ribeira Sacra e de todo o sur da provincia de Lugo”. Tomé engadiu que “ademais de mellorar as actuacións musicais, para nós tamén era fundamental recuperar un elemento tradicional das nosas festas: os fogos do río, que se deixaron de disparar en 2008, unha atracción que este ano contará cunha singularidade especial respecto ós do ano pasado”.

 

SÁBADO, 11 DE AGOSTO

-Lectura do pregón a cargo de JULIA OTERO. Praza do Concello, ás 20:30 horas.

-Concerto de BLESET, na Praza de España ás 23 horas.

 

DOMINGO, 12 DE AGOSTO

 

-Concerto  GRUPO POR MI SWING - VINTAGE DANCE BAND, na Praza de España ás 23 horas. 

-Concerto de CAFÉ QUIJANO, na Praza da Compañía ás 00:30 horas.

-Orquestra SOLARA, ás 23 horas e ás 2 horas.

 

LUNS, 13 DE AGOSTO

-Concerto da BANDA DE MÚSICA DO CONSERVATORIO MESTRE IBÁÑEZ, na Praza de España ás 23 horas.

Concerto de SEGURIDAD SOCIAL, na Praza da Compañía ás 00:30 horas.

-Orquestra TRÉBOL, ás 23 horas e ás 2 horas.

 

MARTES, 14 DE AGOSTO

-Concerto da BANDA DE MÚSICA DE SOBER, na Praza de España ás 23 horas. 

Concerto de LUCÍA PÉREZ na Praza da Compañía ás 23 horas.

-Concerto de GIN TONI’S na Praza da Compañía á 01 horas.

 

MÉRCORES, 15 DE AGOSTO, DÍA DA PATROA

-Mostra de DANZA E MÚSICA TRADICIONAL, na Praza de España ás 20:30 horas. 

Fogos artificiais de aire dende o Monte de San Vicente, ás 00 horas

-Concerto de AMAIA MONTERO na Praza da Compañía ás 00:30 horas.

-GRUPO NEBRASKA ás 23 horas  e ás 2 horas.

 

XOVES, 16 DE AGOSTO

-Fogos artificiais de auga dende o Paseo do Malecón, ás 00 horas

-Concerto de EFECTO PASILLO na Praza da Compañía ás 00:30 horas.

-Orquestra LOS TROBADORES, ás 23 horas e ás 2 horas.

 

Ademais, a finais de agosto haberá outros dous concertos:

 

VENRES, 31 DE AGOSTO

Concerto de ROI CASAL, na Praza da Compañía ás 22:30 horas

 

SÁBADO, 1 DE SETEMBRO

Festival  de Habaneras do Concello de Monforte de Lemos. Actúan: corais de Gijón, San Cibrao e a Coral Polifónica do Concello de Monforte de Lemos.

Programa festas patronais 2018.pdf