Destinar parte do superávit a actuacións medioambientais, á mellora do alumeado público e a obras en estradas, proposta do Equipo de Goberno para o Pleno

20 de setembro de 2018. Destinar unha parte do superávit do Concello á realización de obras relacionadas co medio ambiente, co urbanismo e coa mellora da iluminación pública. Esa é a proposta que o Equipo de Goberno vai levar ó Pleno do vindeiro luns, 24 de setembro.

Concretamente, O Alcalde explicou que un dos proxectos previstos é o selado do vertedoiro de residuos inertes de Monforte, ubicado detrás da Cerámica do Castelo, á beira da estrada LU-933, que une Monforte coa Pobra do Brollón. O custe da actuación será de 239.000 euros.

Por outra parte, José Tomé apuntou “que renovaremos o alumeado público do Morín, dende a rúa Doctor Casares ata Ribasaltas, cuxo custe ascende a 153.000 euros”.

O estacionamento do Parque dos Condes, o paseo fluvial ata Cobas e a Praza Luis de Góngora son outros dos espazos nos que se vai optimizar a luz pública. Estes tres proxectos suman un investimento de máis de 60.000 euros.

Finalmente, o Alcalde explicou que se vai mellorar a estrada en Piñeira, dende a N-120a ata a ponte do río Cabe na Barxela.

Os seis proxectos programados supoñen un investimento de máis de 396.000 euros.

 

Boa xestión económica

Durante o anuncio destas actuacións, José Tomé destacou que “o Equipo de Goberno vén desenvolvendo unha boa xestión económica. O resultado é que pasamos dunha situación económica equilibrada a un importante nivel de superávit: a 31 de decembro de 2017 acadamos case 7.400.000 euros de remanentes”. O Alcalde engade que o superávit de 2017 é de 2.194.188 euros.

Dende o Goberno municipal acordamos destinar este superávit a consolidar esa boa posición económica do Concello e tamén realizar investimentos financieramente sostibles.

Unha parte do superávit de 2017 aprobarase no Pleno do pasado mes de maio. Daquela, destinárase a amortiza-la débeda, a compensar os gastos da piscina municipal e a mellorar varias pistas periurbanas. En total, o investimento ascendía a 1.725.022 euros.

Con todo, polo de agora quedaría pendente de execución unha cantidade de preto de 73.000 euros.

 

ACTUACIÓNS PROGRAMADA

Actuacións medioambientais………………..119.519’77 euros

Alumeado público (3 proxectos)…………...233.563’93 euros

Obras en estradas…………………………….......43.306’98 euros

Trala súa aprobación no Pleno do luns, 24 de setembro, o investimento publicarase no Boletín Oficial da Provincia (BOP). Posteriormente, a licitación das obras será antes de que remate o ano.