O estacionamento do Parque dos Condes, o Paseo Fluvial e a Praza Luis de Góngora terán nova iluminación a comezos de 2019

29 de novembro de 2018. O Alcalde anuncia novos proxectos para mellorar a iluminación pública de Monforte. Desta volta, as actuacións previstas son no paseo fluvial, dende o Parque dos Condes ata o futuro parque de Cobas; a Praza Luis de Góngora, ó carón do Parador de Turismo; e o estacionamento do Parque dos Condes. Estes tres proxectos suman un investimento de 77.309 euros.

 

Tres empresas monfortinas encargaranse da realización destas obras, “o que significa que contribuímos ó mantemento dos postos de traballo nas nosas empresas”, sinala José Tomé.

 

Novas luces para o Paseo Fluvial

 

Ó longo deste treito vanse instalar 28 farolas LED, que se ubicarán na marxe dereita do paseo, en sentido Monforte-Piñeira. Concretamente, 24 deses puntos de luz vanse instalar en liña e outros 4 instalaranse nas pontes sobre o río Cabe.

 

O custe desta obra ascende a 29.600 euros e foi adxudicada á empresa Santos Héctor S.L. A previsión para realizar as obras será entre os meses de decembro e xaneiro do vindeiro ano.

 

O Alcalde, José Tomé destaca que “con esta actuación melloraremos o Paseo Fluvial, un espazo moi frecuentado polos veciños. A nosa vontade é completar esta iluminación no futuro ata chegar a Piñeira”.

 

 Praza Luis de Góngora

Neste caso, o Alcalde explica que “ata o de agora, este lugar carecía  iluminación pública. A única luz en servizo está na fachada do Palacio Condal, e pertence ó Parador de Turismo”. José Tomé engade que “é curioso que cando se realizaron as obras, instalaron 4 báculos e 2 farolas, pero sen instalación eléctrica”.

 

O mandatario local destaca que “queremos corrixir esta anomalía, xa que se trata dun punto importante da nosa cidade, polo seu interese turístico, cultural e relixioso”.

Para poder dotar este espazo de luz pública, vai ser preciso levantar o pavimento das baldosas de pedra. A partir de ahí, os operarios poderán instalar a canalización

necesaria e as arquetas.

 

Este proxecto ten un custe de 10.339 euros, e foi adxudicado á empresa Intelga Mundoor S.L. A previsión é que as obras darán comecen a finais de decembro

 

 

Estacionamento do Parque dos Condes

 

O Alcalde considera que “o estacionamento ten unha iluminación insuficiente, por iso, queremos mellorala, xa que isto vai permitir incrementar a seguridade para todos”.

 

Actualmente, o estacionamento dispón de 7 puntos de luz. Co novo proxecto, pasará a dispoñer de máis do dobre: “imos instalar 16 proxectores LED que converterán todo o estacionamento nunha zona moi ben iluminada, e que dará unha maior confianza ás persoas que estacionen alí”, sinala José Tomé.

 

A obra inclúe a instalación dun novo cadro de mando así como de novos postes metálicos de 12 metros de altura. Os novos equipos de iluminación incorporan tecnoloxía LED, de alta eficacia enerxética; ademais, o sistema de encendido incorpora un programador que permitirá unha redución progresiva do consumo de ata o 50%.

 

O custe desta obra ascende a 37.370 euros e foi adxudicada a Raúl e Hijos S.L. tamén de Monforte, debendo executar as obras entre decembro e xaneiro de 2019.