O CONCELLO INFORMA sobre avaría na rede de augas en rúas de Monforte

Monforte de Lemos, 12 de marzo de 2019.

O Concello de Monforte informa dunha avaría no subministro da rede de augas que afecta ás seguintes rúas da cidade:

  • Rúa Calvo Sotelo dende o número 2 ata o 102.
  • Travesía Veiguiña, frente ao edificio de Facenda, con rúa Santiago.

 

A avaría foi ocasionada por unha ruptura na tubaxe de auga; os operarios de Aqualia están traballando xa na súa reparación e para poder habilitar o servizo e que os veciños volvan a contar co subministro de auga o antes posible.

Desde o Concello pregamos disculpas polas molestias e contratempos ocasionados por estas avarías.