A Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Monforte de Lemos está a levar a cabo unha campaña para protexer ás embarazadas fumadoras e as súas parellas do fume do tabaco co lema "Non perxudiques a súa saúde"
O obxectivo xeral deste programa de deshabituación tabáquica é promover e axudar ás embarazadas fumadoras e as súas parellas a abandonar o consumo de tabaco.
É importante captar o maior número de embarazadas fumadoras polo que estamos en coordinación con outros profesionais de diversos servizos socio-sanitarios para que as remitan ao noso centro.
@s interesad@s no noso programa de deshabituación tabáquica poden acudir á nosa Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte de Lemos ou chamar ao tlfno 982 400 495.
Cartel campaña embarazadas e tabaco
Díptico campaña embarazadas e tabaco exterior
Díptico campaña embarazadas e tabaco interior