Monforte de Lemos, 13 de marzo de 2019. A vindeira semana, o Centro Cívico de Monforte (paseo do Malecón) acollerá a celebración da Xornada informativa de axudas e servizos para PEMES galegas que organizan o Concello de Monforte e a Consellería de Economía, Emprego e Industria co obxectivo de informar a empresarios e emprendedores sobre as liñas de apoio establecidas por dita Consellería en materia de promoción empresarial.
A xornada dará comezo ás 19:30 horas e agárdase nela a presencia tanto do Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, como do Conselleiro de Economía, Francisco Conde.
As liñas de apoio serán explicadas ós asistentes por Covadonga Toca Carús, Secretaria Xeral de Emprego, Pedro Arenas Barreiro, Director Área Servizos GAIN, e Curro López Martínez, Subdirector de Coordinación do IGAPE.
Tras as intervencións sinaladas celebrarase un viño galego-Networking durante o cal os representantes da Consellería atenderán de xeito individualizado as consultas e dúbidas dos asistentes á xornada.
Aínda está aberto o prazo de inscrición á xonada (ata o luns día 18), que se pode formalizar no teléfono 982 884 775 ou no correo emprego_pe@concellodemonforte.com.
PROGRAMA Xornada Informativa Axudas e Servizospara as PEMES Galegas MONFORTE 20-03-19.pdf