O Alcalde da a coñecer a delegación de competencias dos novos Concelleiros así como o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno de Monforte

Lugar: 
Concello de Monforte de Lemos
Actividad: 
Rolda de Prensa Delegación Competencias dos novos Concelleiros
Fecha: 
venres, Xuño 14, 2019 - 12:00

Monforte de Lemos, 14 de xuño de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, compareceu na mañá de hoxe para dar a coñecer a delegación de competencias dos novos Concelleiros do Equipo de Goberno Municipal así como o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno do Concello de de Monforte.

O Alcalde indicou que “unha vez que se constitúa a Corporación e se elixa o novo Alcalde o vindeiro sábado día 15, o próximo luns día 17, asinarei os Decretos de Delegación de Competencias e Organigrama do Goberno Municipal, co obxectivo de empezar a traballar o antes posible dado que estes nomeamentos e estas delegacións son competencia da Alcaldía”.

Deste xeito, as competencias e as delegacións ós 11 concelleiros e concelleiras, queda do seguinte xeito:

 

Alcalde: D. José Tomé Roca

  • Urbanismo
  • Infraestructuras
  • Promoción Económica, Comercio e Turismo

 

1ª Tenente Alcalde: Dona Gloria María Prada Rodríguez

  • Facenda
  • Réxime Interior
  • Servizos Sociais e Discapacidade

 

2º Tenente Alcalde: D. Ibán Torres Rodríguez

  • Voceiro do Grupo Municipal

 

Concelleira: Dona María Pilar Espinosa Novelle

  • Sanidade e Drogodependencias
  • Tráfico e Mobilidade

 

Concelleiro: D. José Luis Losada Fernández

  • Obras
  • Medio Rural
  • Servizos (Abastecemento de Auga, Saneamento, Recollida de Lixo, Limpeza Viaria, Cemiterio e Iluminación Pública)

 

Concelleira: Dona Marina María Doutón Rajo

  • Cultura
  • Ensino
  • Xuventude

 

Concelleiro: D. José Manuel Mougán Sobredo

  • Deportes

 

Concelleira: Dona Regina López Arias

  • Consumo

 

Concelleiro: D. Guillermo Díaz Aira

  • Tecnoloxía e Innovación

 

Concelleira: Dona Margarita López Rodríguez

  • Muller e Igualdade

 

Concelleiro: D. Miguel Tomé López

  • Medio Ambiente

 

O mandatario municipal destacou que “deste xeito todos os Concelleiros e Concelleiras terán algunha área de competencia, en función da dispoñibilidade de tempo que cada un poda ter para dedicarlle ó Concello”.

Por outra banda, o Alcalde aclarou que Gloria Prada,  ademais de como 1ª Tenente de Alcalde, exercerá tamén a labor de coordinación do Goberno Municipal para que haxa a mellor coordinación posible entre todos os membros do Equipo de Goberno.

Xunta de Goberno

Tal como recolle a normativa vixente, a Xunta de Goberno do Concello de Monforte estará formada como máximo por un tercio dos membros da Corporación, é dicir, redondeando os decimais o número do tercio máis próximo a 17 son 6 concelleiros, así que estará formada por 6 persoas como xa estaba ata agora.

“Para que a Xunta de Goberno funcione con axilidade dende o primeiro día”, salientou José Tomé, “os compoñentes serán os mesmos que xa estaban para aproveitar a súa experiencia acadada nos 4 anos de goberno municipal. Os outros 5 concelleiros e concelleiras xunto co Alcalde, formarán parte da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, para que se vaian implicando cada vez máis no funcionamento dos órganos municipais.”

A Xunta de Goberno quedara composta do seguinte xeito:

Alcalde:    José Tomé Roca

Concelleiros/as:

  • Gloria María Prada Rodríguez
  • Ibán Torres Rodríguez
  • María Pilar Espinosa Novelle
  • José Luis Losada Fernández
  • Marina María Doutón Rajo

O Alcalde, concluíu a súa intervención manifestando que “o que pretendo con estes nomeamentos é compaxinar a novidade coa experiencia de xeito que todos se sintan implicados e ó mesmo tempo o Concello funcione dende o primeiro día como se non tivera habido eleccións, para tratar de solucionar os problemas dos cidadáns coa maior celeridade posible”.

Por outra banda, o vindeiro luns, tamén en rolda de prensa, daranse a coñecer as propostas que  se van levar ó Pleno de Organización, para poder convocar posteriormente un pleno para a aprobación do orzamento, co obxectivo de que unha vez superada toda a tramitación administrativa e que se publique definitivamente no BOP, se poidan beneficiar das axudas municipais, os Clubs Deportivos, as Asociacións Sociais, Culturais e as entidades relacionadas co Comercio.