Monforte de Lemos, 14 de xuño de 2019. O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, compareceu na mañá de hoxe para dar a coñecer a delegación de competencias dos novos Concelleiros do Equipo de Goberno Municipal así como o nomeamento dos membros da Xunta de Goberno do Concello de de Monforte.
O Alcalde indicou que “unha vez que se constitúa a Corporación e se elixa o novo Alcalde o vindeiro sábado día 15, o próximo luns día 17, asinarei os Decretos de Delegación de Competencias e Organigrama do Goberno Municipal, co obxectivo de empezar a traballar o antes posible dado que estes nomeamentos e estas delegacións son competencia da Alcaldía”.
Deste xeito, as competencias e as delegacións ós 11 concelleiros e concelleiras, queda do seguinte xeito:
Alcalde: D. José Tomé Roca
- Urbanismo
- Infraestructuras
- Promoción Económica, Comercio e Turismo
1ª Tenente Alcalde: Dona Gloria María Prada Rodríguez
- Facenda
- Réxime Interior
- Servizos Sociais e Discapacidade
2º Tenente Alcalde: D. Ibán Torres Rodríguez
- Voceiro do Grupo Municipal
Concelleira: Dona María Pilar Espinosa Novelle
- Sanidade e Drogodependencias
- Tráfico e Mobilidade
Concelleiro: D. José Luis Losada Fernández
- Obras
- Medio Rural
- Servizos (Abastecemento de Auga, Saneamento, Recollida de Lixo, Limpeza Viaria, Cemiterio e Iluminación Pública)
Concelleira: Dona Marina María Doutón Rajo
- Cultura
- Ensino
- Xuventude
Concelleiro: D. José Manuel Mougán Sobredo
- Deportes
Concelleira: Dona Regina López Arias
- Consumo
Concelleiro: D. Guillermo Díaz Aira
- Tecnoloxía e Innovación
Concelleira: Dona Margarita López Rodríguez
- Muller e Igualdade
Concelleiro: D. Miguel Tomé López
- Medio Ambiente
O mandatario municipal destacou que “deste xeito todos os Concelleiros e Concelleiras terán algunha área de competencia, en función da dispoñibilidade de tempo que cada un poda ter para dedicarlle ó Concello”.
Por outra banda, o Alcalde aclarou que Gloria Prada, ademais de como 1ª Tenente de Alcalde, exercerá tamén a labor de coordinación do Goberno Municipal para que haxa a mellor coordinación posible entre todos os membros do Equipo de Goberno.
Xunta de Goberno
Tal como recolle a normativa vixente, a Xunta de Goberno do Concello de Monforte estará formada como máximo por un tercio dos membros da Corporación, é dicir, redondeando os decimais o número do tercio máis próximo a 17 son 6 concelleiros, así que estará formada por 6 persoas como xa estaba ata agora.
“Para que a Xunta de Goberno funcione con axilidade dende o primeiro día”, salientou José Tomé, “os compoñentes serán os mesmos que xa estaban para aproveitar a súa experiencia acadada nos 4 anos de goberno municipal. Os outros 5 concelleiros e concelleiras xunto co Alcalde, formarán parte da Comisión Informativa de Asuntos do Pleno, para que se vaian implicando cada vez máis no funcionamento dos órganos municipais.”
A Xunta de Goberno quedara composta do seguinte xeito:
Alcalde: José Tomé Roca
Concelleiros/as:
- Gloria María Prada Rodríguez
- Ibán Torres Rodríguez
- María Pilar Espinosa Novelle
- José Luis Losada Fernández
- Marina María Doutón Rajo
O Alcalde, concluíu a súa intervención manifestando que “o que pretendo con estes nomeamentos é compaxinar a novidade coa experiencia de xeito que todos se sintan implicados e ó mesmo tempo o Concello funcione dende o primeiro día como se non tivera habido eleccións, para tratar de solucionar os problemas dos cidadáns coa maior celeridade posible”.
Por outra banda, o vindeiro luns, tamén en rolda de prensa, daranse a coñecer as propostas que se van levar ó Pleno de Organización, para poder convocar posteriormente un pleno para a aprobación do orzamento, co obxectivo de que unha vez superada toda a tramitación administrativa e que se publique definitivamente no BOP, se poidan beneficiar das axudas municipais, os Clubs Deportivos, as Asociacións Sociais, Culturais e as entidades relacionadas co Comercio.