Monforte de Lemos, 19 de agosto de 2019. Con data 16 de agosto ocorreu un grave accidente de tráfico, que se levou a vida de dous xóvenes veciños das parroquias de Santa Mariña e Ribasaltas do Concello de Monforte.
O Alcalde da cidade, José Tomé Roca, decretou esta mañá tres días de loito oficial, durante os cales as bandeiras do Concello ondearán a media hasta.
E do mesmo xeito, tamén decretou 2 minutos de silencio, un por cada unha das persoas falecidas, ás portas da casa do Concello, que tiveron lugar hoxe luns 19 de agosto de 2019, ás 12:00 horas. Neste acto, participaron membros dos diferentes grupos que conforman a corporación municipal, así como gran parte do persoal do Concello monfortino.