Axudas

AXUDAS Ó TRANSPORTE DO ALUMNADO UNIVERSITARIO E DE CICLOS DE FORMACIÓN DESTE  MUNICIPIO CORRESPONDENTES Ó CURSO ACADÉMICO 2024/2025

Estas axudas destínanse a:

  • Alumnado de ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e ensinanzas universitarias conducentes a títulos de Licenciados ou Diplomados, empadroado no concello de Monforte de Lemos.
  • Alumnado de ciclos medio e superior de Formación Profesional e bacharelato empadroado no Concello de Monforte de Lemos que teña que desprazarse fóra do termo municipal, por non existir oferta do ciclo formativo neste municipio ou non ter obtido praza na oferta local no curso.

Publicación no BOP 27-09-2024

Bases 2024-2025

 

Axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar complementario curso 2024/2025

Bases 2024-2025

 

 

 

Axudas para a mellora da eficiencia enerxética nos fogares 2024

O acceso á enerxía a unha necesidade básica. O importe da factura eléctrica incrementouse considerablemente nos últimos anos debido principalmente ao aumento dos custos fixos derivados do déficit de tarifa que se inclúen na factura eléctrica, e que non se poden reducir mediante un menor consumo enerxético. Este feito, unido ao contexto económico actual, dá lugar a que existan familias galegas que non dispoñen das posibilidades económicas mínimas para o pagamento da factura enerxética (tanto de electricidade como de gas).
Así mesmo, as Corporacións locais e en concreto, o Concello de Monforte de Lemos, asume as prestacións e axudas non periódicas en situacións de necesidade, como se establece no Art. 52.2 da Lei 7/1985,de bases de réxime local.

Poderán acollerse a estas axudas as persoas ou unidades de convivencia que os servizos sociais valoren como persoas en situación ou risco de exclusión social, especialmente nas que existan menores ou persoas con discapacidade ou dependencia, que cumpran os requisitos de acceso establecidos no punto 5º e as condicións reguladas nestas bases.

O prazo de presentación de solicitudes será a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e estará aberta ata o 20 de decembro de 2024.

Publicación no BOP

Solicitude 2024

Anexo I - Datos bancarios 2024

Bases 2024